CRTVG

Buscar

O número dous de Interior na época de Rajoy négase a declarar pola espionaxe a Bárcenas

Publicado o 24/01/2020 15:04

Caso Villarejo. Hoxe compareceu ante o xuíz o que era número dous no Ministerio do Interior durante o goberno de Rajoy, Francisco Martínez.

Está a ser investigado pola suposta espionaxe ilegal, con fondos reservados, ao ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas. Martínez, sinalado por varios mandos policiais como coñecedor da operación, acolleuse ao seu dereito a non declarar por estar as investigacións baixo segredo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020