CRTVG

Buscar

O novo Centro Integral de Saúde de Lugo terá un investimento de 12 millóns

Publicado o 26/06/2019 14:58

A Xunta licitou hoxe o proxecto e as obras, que suporán a rehabilitación do antigo Hospital Materno, comezarán antes de que remate o ano. É o primeiro centro integral de Galicia e ademAis de revitalizar o barrio da Residencia permitirá agrupar servizos que na actualidade se ofrecen en puntos dispersos da cidade. O centro integral dará servizo a 20.000 persoas e permitirán liberar espazos noutros centros sanitarios da cidade, mellorando a calidade asistencial.
 

Noticias web

26/06/2019