CRTVG

Buscar

'O noso planeta', unha chamada a prol do medio ambiente dende Vigo

Publicado o 03/03/2020 15:14

Hoxe inaugurase en Vigo O noso planeta, unha mostra que defende o respecto ao medio ambiente como única vía para unha vida sostible. Presentouna Joaquín Araújo, e o reputado ecoloxista falou de non caer no pesimismo paralizante ante as grandes potencias que negan as alteracións ás que sometemos o planeta. Fronte a elas, defendeu iniciativas esperanzadoras e comprometidas cun futuro sostible.

Unha chamada ao compromiso persoal e social na loita pola sostibilidade e a protección do medio ambiente onde non cabe o pesimismo paralizante nin a resignación. Un posicionamento que chega tarde aínda que hai síntomas para a esperanza.

Aprender a coidar o planeta é o obxectivo da mostra que se pode visitar na sede viguesa de Afundación. Baixo o título O noso planeta e a través de sorpendentes imaxes, elementos audiovisuais ou interactivos, a exposición transmite ao visitante a obriga moral de incorporarse á defensa da vida.

Noticias web

03/03/2020