CRTVG

Buscar

O Náutico de Ribeira, único representante galego na final da Concha

Publicado o 29/08/2019 19:44

Esta tarde celebrouse a clasificatoria da Bandeira da Concha e só teremos un representante galego na final do domingo.

En categoría masculina quedaron ás portas. Metíanse os sete primeiros e Ares, campión da Liga Galega, rematou en oitava posición con Cabo de Cruz, xusto por detrás na novena praza.

Tamén houbo bagoas no equipo feminino de Cabo, que ocupou o oitavo posto. A ledicia é para o Náutico de Ribeira, que conseguiu un dos sete billetes que había en xogo.

Noticias web

29/08/2019