O Mundial de MXGP retomarase o 9 de agosto
Haberá 14 probas máis e tres delas correranse en mércores

A organización do mundial de MXGP deu a coñecer as novas datas da temporada 2020, na que o galego Jorge Prado se estrea na categoría raíña e que retransmite a Televisión de Galicia.
O regreso da competición será o 9 de agosto, en Letonia. Haberá 14 probas máis para facer un total no campionato de 16 probas puntuables (xa se celebraron as de Gran Bretaña e Países Baixos).
Será un calendario moi comprimido entre o 9 de agosto e o 22 de novembro, con tres mércores nos que se disputarán carreiras.
-9, 12 e 16 de agosto, en Letonia.
-6 de setembro, en Turquía.
-16, 20 de setembro, 4 de outubro e 1 de novembro en Italia.
-27 de setembro en Gran Bretaña.
-11 de outubro en España.
-18, 21 e 25 de outubro en Bélxica
-22 novembro na Arxentina.