CRTVG

Buscar

O monte da Peneda, un miradoiro sobre a ría de Vigo

Publicado o 28/08/2019 11:26

Unha panorámica de 360 graos de todas as vías de acceso por mar e terra. Vistas privilexiadas da ría pola que o pirata Francis Drake entrou en Vigo e balcón de primeira categoría ao castelo de Pedro Madruga. O monte da Peneda é, sen dúbida, un dos lugares máis singulares da contorna da ría de Vigo.

Elevado, cunha singular forma e visible dende gran parte da comarca, está considerado como a unión entre os concellos de Redondela e Soutomaior.

A capela da Nosa Señora das Neves ou da Virxe da Peneda preside o alto deste cumio de 329 metros e moi fortes pendentes. A edificación ocupa o lugar do castelo de Castrizán, asentamento que aproveitaba a fácil defensa estratéxica e a amplitude de vistas.

Dende o miradoiro da Peneda, a carón dunha vella sobreira, divísase a ría de Vigo, dende a súa formación, na desembocadura do río Verdugo, ata Rande, coas illas Cíes ao fondo. Se miramos na dirección contraria ao mar tamén se pode ver o castelo de Soutomaior, cos seus impoñentes xardíns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/08/2019