É o momento de mercar o marisco para conxelar
Publicado o 02/12/2020 21:36
Acabamos de estrear decembro pero nas prazas e mercados nótase a proximidade do Nadal. E é que xa abundan variedades de mariscos.
Nas peixerías sinalan que, se se quere conxelar, agora é o momento de mercar porque os prezos aínda son asumibles. De aquí en diante, conforme nos acheguemos ás portas do Nadal, os prezos irán medrando, ata dispararse o día de Noiteboa, como ocorre todos os anos.
"Isto dispárase dun día para outro. Xa nos dixeron que para mañá a ameixa e o berberecho soben entre dous e tres euros. A centola de día a día xa subiu, hoxe téñoa a 22,90 e empecei con ela a 16 e pico", di Marisol González, dona dunha peixería.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30