CRTVG

Buscar

O Mobile World Congress reafirma a súa aposta por Barcelona e descarta irse a Madrid

Publicado o 22/01/2020 12:00
O Mobile World Congress reafirma a súa aposta por Barcelona e descarta irse a Madrid

O conselleiro delegado da patronal organizadora do Mobile World Congress (MWC), John Hoffman, reafirmou o seu compromiso con Barcelona ao asegurar que "estamos aquí e no futuro quedaremos en Barcelona" e subliñar que a posibilidade de trasladar a feira a Madrid nunca se debateu.

"Non houbo ningún debate que incluíse a Madrid nin a calquera outro lugar do mundo" como alternativa a Barcelona, afirmou Hoffman durante a rolda de prensa de presentación da próxima edición da feira da tecnoloxía móbil máis importante a nivel internacional.

O máximo executivo de GSMA, a patronal da tecnoloxía móbil, expresou a súa sorpresa polas declaracións que realizou a semana pasada a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que indicou que faría todo o que estivese na súa man para atraer cara a Madrid o salón. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí