CRTVG

Buscar

O minuto a minuto da xornada electoral na programación especial da TVG

Publicado o 11/07/2020 15:07

Desde os informativos da TVG ofrecerémoslles este domingo unha cumprida programación especial para seguir o minuto a minuto da xornada electoral.

Comezaremos ás nove da mañá coa apertura dos colexios electorais. A partir das dez e media ofrecerémoslles en directo a rolda de prensa cos primeiros datos de como se está a desenvolver a xornada. Ás 12 e media veremos a votación dos candidatos e os líderes políticos principais.

Completarase toda esa información no Telexornal Mediodía. A partir das sete e media da tarde ofrecerémoslles un programa especial co peche dos colexios, os datos da enquisa a pé de urna realizada para a TVG, o seguimento do escrutinio e a análise política dos resultados cos expertos.

Noticias web

11/07/2020