CRTVG

Buscar

O ministro do Interior nega que o traslado de presos da ETA responda a un pacto con Bildu

Publicado o 16/11/2020 13:32
O ministro do Interior nega que o traslado de presos da ETA responda a un pacto con Bildu

O ministro do Interior nega que o traslado de presos da ETA a cárceres próximos a Euskadi responda a un pacto con Bildu, a cambio de que apoien aos orzamentos do Estado.

Marlaska defende que se aplica o estado de dereito en cada caso de forma individualizada, unha vez que a banda terrorista, dixo, foi derrotada. O ministro responde así ás críticas das vítimas do terrorismo, que cren que Interior acelerou os achegamentos de presos.

Nos últimos cinco meses fixo 64 traslados, case o dobre dos que se autorizaran nos dous anos anteriores. As vítimas tamén lamentan que o executivo concedera o réxime de semiliberdade a 15 reclusos etarras.

Noticias web

16/11/2020