CRTVG

Buscar

O ministro de Seguridade Social evita confirmar as baixas remuneradas para pais con menores en corentena

Publicado o 10/09/2020 14:39

Outra das cuestións que preocupa as familias é que pasará no caso de ter que faltar ao traballo por ter os rapaces na casa. Se o cativo dá positivo, ese proxenitor cobraría unha baixa laboral. Pero se só está en corentena, esa prestación aínda está no aire.

Díxoo esta mañá o ministro de Seguridade Social, desmentindo así o anuncio feito polo vicepresidente Iglesias de que eses pais tamén estarían cubertos.

"A min non mo suxeriu e eu son o ministro competente. Nesta pandemia o que aprendemos todos é que temos que ir vendo como evolucionan as cousas, que impacto teñen sobre a vida das persoas as distintas situacións que van emerxendo e nós imos respondendo a esas situacións. Eu creo que aquí hai que ser prudente", declarou José Luis Escrivá nunha entrevista radiofónica.

 

Noticias web

10/09/2020