CRTVG

Buscar

Fomento non descarta erros humanos na causa do choque de trens en Manresa

Publicado o 09/02/2019 22:07

Adif podería ter un primeiro informe do sucedido no accidente ferroviario de Manresa, dentro dun par de días Polo momento, o goberno non descarta os erros humanos como posible causa do choque, no que faleceu a maquinista dun dos trens. Doce feridos permancen ingresados, tres deles en estado grave.

Hai catro investigacións abertas para determinar as causas do choque frontal dos dous trens.
 Renfe , Adif e a Comisión de Accidentes Ferroviarios analizan  o sucedido amais dos Mossos d`Esquadra, como policial xudicial. No accidente morreu a maquinista dun dos convois e un cento de persoas quedaron feridas.

 

Noticias web

09/02/2019