CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 12.000 novos casos de covid−19, 4.030 nas últimas 24 horas

Publicado o 06/10/2020 18:37

O Ministerio de Sanidade notificou este martes 11.998 casos de covid−19, dos cales 4.030 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 2.099 rexistrados o luns. A cifra global de persoas infectadas por coronavirus sitúase en 825.410.

Canto ao número de falecidos por covid−19, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou hoxe 261 máis, 484 na última semana.

Isto fai que a cifra global de falecidos polo virus en España se eleve ás 32.486 persoas.

Actualmente hai 10.696 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.544 nunha UCI, aínda que, nas últimas 24 horas producíronse 1.162 ingresos e 1.238 altas.