CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 7.000 positivos máis, 3.349 rexistrados no último día

Publicado o 20/08/2020 17:43
O Ministerio notifica 7.000 positivos máis, 3.349 rexistrados no último día

O Ministerio de Sanidade informou este xoves de 3.349 novos casos de covid-19, un leve descenso fronte aos 3.715 de onte.

Ademais, o informe actualizou o número total de positivos desde o inicio da pandemia, que se sitúa en 377.906, arredor de 7.000 máis ca o mércores (370.867).

Na última semana faleceron 122 persoas con proba diagnóstica de covid-19 confirmada, en comparación coas 131 notificadas este mércores polo Ministerio.

Así, a cifra global de mortos no que levamos de pandemia sitúase en 28.813, de acordo coas estatísticas oficiais.

Xunto con isto, nos últimos sete días producíronse 1.407 ingresos hospitalarios (130.836 no cómputo global da pandemia) e 90 en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), para unha cifra conxunta de 12.045.