CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 11.325 novos casos, 3.722 no último día, e 113 mortes máis

Publicado o 02/10/2020 18:07
O Ministerio notifica 11.325 novos casos, 3.722 no último día, e 113 mortes máis

As comunidades autónomas notificaron ao Ministerio de Sanidade 11.325 novos casos de covid-19, 3.722 deles diagnosticados nas últimas 24 horas, un lixeiro aumento en comparación cos 3.715 de onte.

A cifra total de positivos desde o inicio da pandemia sitúase xa en 789.932, segundo as estatísticas oficiais.

O informe recolle 113 novos falecementos con diagnóstico positivo de covid-19, xa que a cifra global elévase a 32.086, fronte aos 31.973 do documento do xoves.

Nos últimos sete días morreron 538 persoas con diagnóstico confirmado de coronavirus, unha cifra menor ás 547 do informe do xoves.

Ademais, na última semana, ata 2.379 persoas precisaron de hospitalización (151.917 no conxunto da pandemia) e 178 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), para un total de 13.753 desde que o virus chegou a España.