CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 11.289 novos casos de coronavirus, 4.143 nas últimas 24 horas

Publicado o 23/09/2020 19:06
O Ministerio notifica 11.289 novos casos de coronavirus, 4.143 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade rexistrou este mércores 11.289 novos casos de covid−19, dos cales 4.143 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 3.125 do martes; elévase así a cifra global de persoas infectadas por coronavirus en España ás 693.556.

Canto ao número de falecidos, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou este mércores 130 mortes por coronavirus máis, 517 na última semana.

Isto fai que a cifra global de falecidos polo virus en España se sitúe nas 31.034 persoas.

Actualmente hai 10.755 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.436 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas se produciron 1.362 ingresos e 1.266 altas.