CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade notifica 11.193 novos contaxios, o 30 % en Madrid

Publicado o 16/09/2020 18:34
O Ministerio de Sanidade notifica 11.193 novos contaxios, o 30 % en Madrid

O Ministerio de Sanidade notificou 11.193 novos contaxios de coronavirus -4.728 nas últimas 24 horas-, un terzo dos cales se concentran en Madrid (3.438), co que o total de infeccións ascende a 614.360 e o de mortes a 30.243, con 366 falecidos nos últimos 7 días.

Segundo os datos facilitados a Sanidade polas comunidades, coa excepción de Murcia que non colgou a súa información por "problemas técnicos", Madrid rexistrou 1.854 novos positivos nas últimas 24 horas, seguida do País Vasco, con 429; de Andalucía, con 327 e de Castela e León, con 292.

O departamento que dirixe Salvador Illa rexistra 9.810 pacientes ingresados, 1.281 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.315 ingresos e 1.123 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase xa no 8,5 por cento.