CRTVG

Buscar

O mexillón acapara o 95% da produción da acuicultura en Galicia

Publicado o 14/05/2020 21:23

Hoxe coñecemos os datos da acuicultura en Galicia durante a produción do ano 2019, que volven pór de manifesto a preponderancia do mexillón no sector. O volume deste bivalvo supón máis do 95 por cento do volume total da acuicultura en Galicia, e grazas ao que mantemos o podio europeo no sector. A segunda especie en importancia é o rodaballo, que con só un 3 por cento do volume de produción, representa o 30 por cento do valor total económico do sector. Salienta o pulo da orella de mar que acada case o dobre de produto que o ano anterior.

A acuicultura rexistrou o ano pasado cifras de produción próximas a 270.000 toneladas cun valor de mercado de máis de 210 millóns de euros. Son datos do Anuario de Acuicultura Mariña 2019 elaborado pola Consellería do Mar.

 

Noticias web

14/05/2020