CRTVG

Buscar

O mercado ecolóxico da Coruña reparte a domicilio os produtos que antes se vendían a pé de rúa

Publicado o 01/05/2020 14:42

'Do produtor á túa casa'. Así se chama a iniciativa que acaban de poñer en marcha os organizadores do mercado ecolóxico que se celebra o primeiro e terceiro domingo de cada mes no Campo da Leña da Coruña. O espazo público pechado polo estado de alarma substitúese polo correo eleéctrónico e polo teléfono móbil,para que os consumidores poidan recibir os produtos que se venden neste mercado directamente no seu domicilio.

Marta Guimaraens Encargada da loxística do Mercado Ecolóxico "Con este horror de situación na que estamos todos, cando se suspenderon os mercados na rúa, moitos dos produtores dixéronos a terrible situación que tiñan cos seus produtos e a falta de medios"

Por iso, a empresa que xestiona Marta Guimaraens buscou o xeito de poñer en contacto aos produtores cos clientes

Marta Guimaraens Encargada da loxística do Mercado Ecolóxico "O que queremos é desde o mercado ecolóxico, facer durante estas semanas, durante o tempo que siga a situación de alarma, apoialos, porque moitos non teñen unha vía de venda onine, nin teñen medios para facer a súa propia comunicación"

Esta é unha das tendas que participa no mercado ecolóxico. A súa propietaria di que é unha boa iniciativa para facer chegar o produto ecolóxico e para resistir

Sonia Rodríguez Propietaria dunha tenda de produtos ecolóxicos "Eu que non teño páxina web. estaba nelo, pero claro quen se ía imaxinar isto...pois o que intento é movelo todo polas redes, que a xente poida pedirme tanto por correo electronico como por whatsApp e reparto en bici, se teño que ir eu vou. A idea é poder aguantar, poder resistir e que saímos adiante, porque si que esta moi complicado"

Desde que se puxo esta iniciativa en marcha xa hai apuntados corenta produtores e establecementos
 

Noticias web

01/05/2020