CRTVG

Buscar

O mercado da alimentación aposta por produtos innovadores e sustentables

Publicado o 20/06/2019 14:30

Produtos de proximidade, innovadores e envasados con sistemas máis respectuosos co medio. Son algunhas das tendencias do mercado que hoxe analizaron en Santiago nunha nova edición do Foro Galicia Alimentación.

O mercado da alimentación adáptase ás novas esixencias dos clientes, cada vez máis preocupados pola saúde e polo coidado do medio. Por iso, nas grandes cadeas apostan polos produtos ecolóxicos e locais, segundo salientaron no Foro Galicia Alimentación.

Jorge Eiroa, director de compras de Vegalsa-Eroski: "O 40% dos nosos produtos son locais. Compramos o ano pasado 348 millóns a provedores locais".

Tamén buscan a innovación, que pasa polos produtos, pola venda a través da Internet e polos envases, con materiais menos contaminantes.

Iago Candal- DS Smith Iberia: "Esta é a tendencia: ulitizar menos plástico e máis materiais con base de fibra, con base reciclada".

Investigan, ademais, para atopar novas substancias. Como a que que quere lanzar ao mercado unha empresa emerxente: unha proteína procedente dunha froita africana.

Loan Bensadon- Baïa Food Co: "O que a fai diferente de todas as outras froitas e do resto de alimentos que coñecemos é que ten unha proteína coñecida como miraculina, que é unha modificadora do sabor, unha potenciadora da dozura".

Fai que cualquera sabor acedo se perciba como doce e supón, din, unha esperanza para os enfermos de cancro con alteracións do gusto.

 

Noticias web

20/06/2019