CRTVG

Buscar

O medo invade Granada despois de varios sismos de máis de catro graos Ritcher

Publicado o 27/01/2021 23:53

Chegaron sen avisar, contra as dez e media da noite, pero a algúns mesmo lles deu tempo de gravar como o teito da súa casa caía abaixo. 

A outros, a fuxida produto do pánico. En plena noite e nun toque de recollida que na páctica quedou suspendido buscaron na rúa un lugar seguro.

O epicentro, a área metropolitana de Granada. Tres sismos en menos de 20 minutos. Con 4,2 e 4,5 graos na escala de Ritcher, nas localidades de Atarfe e Santa Fe. Non hai danos persoais, pero hoxe, coa luz do día, os estragos nas estruturas dos edificios facían dificil esquecer o susto.

As réplicas, máis de 40, aínda que de menor forza, sucédense desde a noite pasada e deixáronse sentir ata en 6 provincias andaluzas. Estamos, segundo os expertos, nun "enxame sísmico", a sucesión de pequenos sismos que non adoitan causar grandes danos. Prevén que haxa máis.
A Xunta de Andalucía decretou o estado de prealarma por risco sísmico.







 

Noticias web

27/01/2021