CRTVG

Buscar

O medo ao coronavirus aumenta a venda de máscaras nas farmacias

Publicado o 28/01/2020 21:05

As máscaras estanse a converter nun dos produtos máis demandados nas farmacias. Pasaron de ser unha venda puntual para persoas alérxicas ou inmunodeprimidas a comezar a esgotarse polo medo ao coronavirus. Pasa tamén aquí, en Galicia, aínda que a maioría das vendas son para poboación chinesa que llelas reenvía aos seus familiares.

Empresas distruidoras coma esta de Toledo están desbordadas. Agora a demanda chega non só dos seus clientes habituais, como farmaciais e hospitais, senón tamén da poboación chinesa que reclama un produto que eles importan da China.

A demanda céntrase nas máscaras especiais para enfermidades respiratorias, pero o seu stock esgótase e o medo ao coronavirus fai que moitos mesmo acaben mercando as máscaras para po ou ácaros.

Noticias web

28/01/2020