CRTVG

Buscar

O Mecalia cae con claridade diante do Bera Bera

Publicado o 23/01/2021 21:24

En balonmán, o Atlético Guardés foi superado amplamente polo Bera Bera, o líder do grupo A na División de Honra feminina.

22 a 31 foi o resultado final dun encontro que dominaron de principio a fin as donostiarras. Tras este resultado, o Guardés queda de terceiro a cinco puntos do Bera Bera, pero cun partido menos. Esta tarde quedou suspendido o encontro entre o Morvedre e o Porriño, por un positivo no equipo de Sagunto.

Noticias web

23/01/2021

Máis sobre actualidade