O matrimonio máis lonxevo do mundo é do Ecuador: levan 79 anos casados
Publicado o 27/08/2020 21:13
Viuna por primeira vez en 1934, cando ela visitaba a casa da súa irmá. Era bonita e foi amor a primeira vista.
César convenceu despois a Waldramina a base de cartas e versos.
Casaron en segredo porque as súas familias non eran partidarias da unión. Agora levan 79 anos casados e din que a súa relación é máis forte ca nunca. O segredo: respectarse e dicir sempre a verdade.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:51