CRTVG

Buscar

O Maruja Limón aposta pola solidariedade mentres prepara a súa reapertura

Publicado o 21/05/2020 13:00

Na receita para superar a crise do coronavirus hai un ingrediente fundamental: a solidariedade. Os chefs do Maruja Limón sábeno ben. Prepararon un menú para os usuarios de Cáritas Vigo, mentres ultiman, a porta pechada, a súa reapertura.

Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón, explica que fixeron unha comida solidaria da man da empresa Provacuno, e fixérono, din, da única maneira que saben no Maruja Limón, cociñando. Foron 220 racións de xarrete ao viño tinto con cenorias, pataca, e pemento vermello. 

Non abrirán antes de finais de xuño. Agardan que se concreten os protocolos, pero teñen claro que se terán que reinventar.

"Non temos unha data exacta de reapertura, dependemos da normativa e das condicións en que temos que traballar, contamos con poder facelo a finais de xuño, e seguramente imos ter que adaptar a nosa oferta gastronómica ao momento", explica Centeno.

Tampouco descartan outros formatos como a comida a domicilio, agora que a xente, din, está cansa de cociñar. Novas formas de gastronomía con estrela Michelin para unha nova era.
 

Noticias web

21/05/2020