CRTVG

Buscar

O martes entra en vigor a limitación de 90 km/h nas estradas convencionais

Publicado o 28/01/2019 08:40

As estradas convencionais concentran en Galicia arredor do noventa por cento dos accidentes con falecidos. O exceso de velocidade está detrás de trinta de cada cen sinistros. A nova limitación afectará preto de mil catrocentos quilómetros da nosa rede viaria.

"Perfecto, non teño nada que dicir sobre iso. Para que haxa seguridade viaria é moito mellor". "Así a xente vaino ter máis claro, porque ás veces non sabes onde está o límite a 100 e onde está a 90. Se está fixo é unha dúbida menos para os condutores", comentan algúns condutores.

A Xunta e Fomento precisaron cambiar uns douscentos sinais para adaptalos á nova norma, que pretende homologar España coa maioría dos países da nosa contorna.

"Eu penso que é máis ben para recadar. Como o tema de baixar a 30 nas poboacións. Quen vai ir a trinta? Ninguén". "Hoxe os coches son máis seguros e non é lóxico que en pleno século XXI vaiamos cara atrás e non cara adiante". "Creo que non vai servir para nada porque a maioría da xente non respecta as limitacións. Se está a 100, van a 110 ou 120. Se a limitan a 90, a situación vai ser a mesma".

Tráfico estima que a nova limitación a 90 quilómetros por hora reducirá un 10 % a sinistralidade nas estradas convencionais.

Noticias web

28/01/2019

Máis sobre actualidade

Bergantiños 2-1 Fabril
29/11/2020 23:37
As Palmas 3-2 Spórting
29/11/2020 23:23
R. Vilalbés 3-2 Fisterra
29/11/2020 23:23
Ponferradina 3-2 Leganés
29/11/2020 23:21
Mallorca 4-0 Logroñés
29/11/2020 23:20
Arzúa 4-0 Viveiro
29/11/2020 22:26