CRTVG

Buscar

O Marisquiño cancela a súa edición 2020

Publicado o 06/04/2020 17:56

O festival O Marisquiño, de deporte e cultura urbana, suspende definitivamente a súa edición deste ano. O certame vigués, que tiña previsto desenvolverse do 7 ao 9 de agosto, regresará en 2021 para celebrar o seu vixésimo aniversario. Nun comunicado, os responsables do festival explicaron que as dificultades da situación actual fan difícil traballar con previsión para cadrar os calendarios profesionais dos participantes. A pasada edición do Marisquiño congregou 150.000 espectadores.

Noticias web

06/04/2020