CRTVG

Buscar

O mar, tema común para os muralistas no IV Certame de Amarte en Burela

Publicado o 02/08/2020 15:58

As citas culturais e festivas adáptanse ás novas circunstancias. Outras poden manterse tal e como estaban concibidas inicialmente. É o caso da cuarta edición de Amarte que se celebra en Burela, un festival de pintura mural que enche o porto das cores do mar. 

A obra dos nove finalistas do certame deste ano formará parte dende esta fin de semana deste macromural de múltiples autores que só comparten a temática relacionada co mar. A partir desa base, cada un dos artistas pinta o que lle reina.

O concello burelao decidiu manter a convocatoria do certame porque foi posible garantir as medidas de seguridade, empezando pola distancia.

O premio do gañador desta edición son 1.500 euros, 750 para o segundo e 300 para o terceiro clasificado.

As obras deste ano convivirán coas das anteriores edicións, formando parte así dun museo ao aire libre.

 

Noticias web

02/08/2020