CRTVG

Buscar

O mar engole un tractor na praia de Canido, en Vigo

Publicado o 07/06/2020 21:27

Con esta imaxe amencía a praia de Canido, en Vigo. Unha escavadora para a limpeza dos areais acabou somerxida no mar despois de intentar axudar a un tractor que, ás once da noite do sábado, se afundiu no limo do areal. Supostamente ía mover unha embarcación.

O tractor e a escavadora. As mareas vivas fixeron o seu traballo cubrindo e descubrindo os dous vehículos. O domingo á mañá, tentaron primeiro socorrer o tractor cun guindastre. Despois entrou en escena esta retroescavadora e a continuación estoutro vehículo, que tampouco deu solucionado o problema.

Xa coa marea ben baixa, case ao mediodía, sacaban o tractor da auga.