CRTVG

Buscar

O mal tempo encarece o marisco ás portas do Nadal

Publicado o 28/11/2019 13:37

A piques de entrar no mes do Nadal, o marisco xa cumpre outra tradición: a suba de prezos. Tamén inflúe no que hai que pagar por este preciado manxar o mal tempo que foi estes últimos días, que fixo que aos mercados chegue menos cantidade de bibalvo e crustáceo. Estamos a falar de precios que soben do habitual para estas datas. As praceiras din que, se non mellora o tempo, comprar marisco fresco para o Nadal vaise poñer moi costa arriba. 

Na praza de Santiago os prezos do marisco andan así: "Cigala do número un, unha marabilla, 52 euros; despois ten a centoliña mediana, a 20; outra cigala máis pequeniña, a 30; a nécora, a 25; despois, esa centola, que é espectacular, a 25; hai un pouquiño de percebe a 60, porque non hai mareas; ten o bogavante, que xa encareceu moito, a 45", di Milagros Arca.

Aínda non están nin moito menos aos prezos que nos teñen afeitos no Nadal. Subir, subirán. 

"Unha mediana, 28 euros; unha pequena, 22; unha grande, a 38. E, ben, esta nécora para o Nadal pode chegar a 60 euros, a 40 e longos e a 30 e pico. É dicir, que vai subir. O tempo non axuda moito. Incluso na ameixa babosa, que a semana pasada e a anterior se vendeu a 18 euros e agora está a 24 euros, e así e pode chegar incluso a máis. Nós vemos que este ano o Nadal vai ser algo complicado, que os prezos van subir", di Miguel Galván.

Un prezo que fai que moitos adianten as compras de marisco para quen non se converta nun artigo de luxo na mesa paras as festas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019