CRTVG

Buscar

O Álvaro Cunqueiro de Vigo habilita un novo espazo para posibles positivos

Publicado o 09/04/2020 14:15

Mentres, no Álvaro Cunqueiro de Vigo preparan un novo espazo para acoller posibles casos positivos. Trátase dunha unidade de hospitalización que ata agora ocupaban persoas acabadas de operar. Para habilitala foi necesario trasladar cinco pacientes a outras unidades e outros catro ao hospital Meixoeiro.

Deste xeito, o Cunqueiro aumenta a súa capacidade, adiantándose a un hipotético aumento de infectados.

Noticias web

09/04/2020