CRTVG

Buscar

Comeza a segunda fase de reincorporación presencial de empregados da Xunta

Publicado o 31/05/2020 12:21

Este luns 1 de xuño comeza a segunda fase de reincorporación do persoal empregado público da Xunta ao traballo presencial.

A primeira fase comezara o 18 de maio coa incorporación dos xefes de servizo ou postos asimilados e das persoas que non podían teletraballar. Agora incorporarase o persoal empregado público da Xunta que non o fixera nesa primeira fase e que conte con espazo propio ou un lugar de traballo no que se cumpre o requisito dos dous metros de separación.

A terceira fase botará andar o vindeiro 15 de xuño, coa reincorporación de resto de persoal. O protocolo inclúe medidas de especial protección para grupos vulnerables. Tamén hai excepcións para facilitar a conciliación.

Noticias web

31/05/2020