CRTVG

Buscar

A partir do luns as familias con rendas baixas poden pedir as máscaras de balde nos colexios

Publicado o 13/11/2020 20:21
A partir do luns as familias con rendas baixas poden pedir as máscaras de balde nos colexios

As familias con rendas baixas terán máscaras de balde. Os colexios encargaranse da tramitación e da repartición. O próximo luns ábrese o prazo que remata o día 27. No centro educativo hai que entregar a solicitude que está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Os alumnos beneficiarios das axudas para adquirir material escolar non é necesario que presenten ningunha solicitude, terán automaticante as máscaras de balde. A Consellería de Educación calcula que 100.000 escolares recibirán as máscaras gratuítas durante este curso.

Noticias web

13/11/2020