CRTVG

Buscar

O lume arrasa un almacén de ferraxería en Vilalba

Publicado o 26/01/2020 21:15

O lume arrasou un almacén da parroquia de San Lourenzo de Árbol, no concello lucense de Vilalba. No interior había material de ferraxería, xunto con pinturas e disolventes, que dificultaron a extinción das lapas. Na corte do lado almacenaban leña, que tamén ardeu e as altas temperaturas que se deron fixeron que o lume acabase por afectar aos depósitos de gasóleo que estaban enriba do lugar en que comezou o incendio.

Na extinción do lume participaron os bombeiros de Vilalba, de Barreiros e membros da agrupación de Protección Civil de Vilalba. Afortunadamente lograron evitar que se achegase á vivenda situada na parte dianteira.

 

Noticias web

26/01/2020

Máis sobre Vilalba

Arzúa 0-0 R.Vilalbés
19/10/2020 10:16