CRTVG

Buscar

O Lugo traspasa a Miguel Vieira ao Istambul

Publicado o 30/07/2019 16:24
O Lugo traspasa a Miguel Vieira ao Istambul

A saída de Miguel Vieira supón outra operación positiva en termos financeiros para o Lugo. O central vai ao fútbol turco. Vai ao Istambul.

O Lugo recibirá un millón e medio de euros. Custáralle cen mil. O Lugo rebaixou a cláusula para cumprir o desexo de Vieira, a quen lle triplican o soldo en Turquía logo dunha campaña no Anxo Carro. Asinara por tres.

O Lugo recada unha importante canidadade e agora terá que cubrir a baixa do defensa portugués, que ten vinte e nove anos e o contrato da súa vida nas mans.

Noticias web

30/07/2019