CRTVG

Buscar

O Lugo remóntalle o Leganés nun brillante segundo tempo

Publicado o 20/09/2020 15:08
Marcaron 'Puma' Rodríguez e Manu Barreiro, de penalti

Dez anos despois, o Lugo volveu derrotar ao Leganés.

E fixoo por primeira vez en Segunda logo de remontar o gol inicial dos madrileños nunha conexión ex deportivistas.

Shibasaki no envío e Sabin Merino na finalización. O tanto, inicialmente anulado por fóra de xogo, acabou sendo validado tras consulta co VAR.

Pero o partido, que estaba a ser controlado polo Leganés, trocou coa entrada no campo de Valentín no lugar do mancado Iriome.

Valentín, que por terceira vez foi presentado coma xogador lucense, mudou o desenvolvemento dun encontro que o Leganés puido pechar á volta do descanso.

Non o logrou e o Puma Rodríguez deu o primeiro aviso lucense no encontro nunha volea que saca Sergio baixo paus.

Foi ahí cando emerxeu a figura de Valentín. Primeiro nunha gran xogada individual na que se vai de todos os que lle saen e serve para que marque o Puma Rodríguez. Era o minuto 64.

Juanpe, outro dos homes chave na recuperacion luguesa tralo descanso, estivo a piques de marcar.

E de seguido, o propio Valentín volve encarar e cae na área. A xogada continúa e Borja Bastón está a piques de marcar. Tralo remate detido por Cantero, no VAR avisan ao colexiado de que revise a acción anterior. Tras revisala, comproba o derrubo a Valentín e sinala penalti.

O castigo transformao Manu Barreiro no dous a un definitivo. O Lugo impoñíase a un dos candidatos ao ascenso.


 

Noticias web

20/09/2020