CRTVG

Buscar

O Lugo reforza o seu centro do campo con Xavi Torres

Publicado o 18/09/2020 20:32

O Lugo continúa a se reforzar. A última incorporación é Xavi Torres, un centrocampista que chega co aval de Juafran, que o define deste xeito: "O que buscamos é un mediocentro tipo Xavi, afortunadamente foi el, foi unha aposta miña"

Unha fichaxe de nivel pero cun problema coa xustiza. Xavi Torres está pendente dun recurso logo de ser inhabilitado para xogar. Dous anos de sanción tras ser condenado por corrupción deportiva cando estaba no Betis, unha cuestión da que Juanfran prefire non falar: "Porse a falar desas cousas cando estamos a 48 horas do partido... Os temas que teña cada quen, non son temas de falarmos disto"

Pois falemos do partido ante o Leganés, o primeiro desta temporada no Anxo Carro, iso si aínda a porta pechada. "Eu debo ser o único técnico que adestrou e que estivo xogando sen público. A min gustaríame, non sabería dicir en que porcentaxe ou non pero gustaríame. Eu quero dicir algún día que adestrei con xente e que xoguei con público", sinala Juanfran

Noticias web

18/09/2020