CRTVG

Buscar

O Lugo recibe a outro candidato ao ascenso, o Almería

Publicado o 25/09/2020 20:36

O Lugo afronta un novo desafío de altura. Logo de superar ao Leganés no Anxo Carro, este domingo tócalle recibir a outro claro candidato ao ascenso, o Almería: "Un rival que ten as ideas claras, un rival que ten xogadores importantes, cuns mecanismos que saben de pe a pa todos, saben o que teñen que facer", considera Juanfran.

O partido do Anxo Carro será o primeiro da temporada para os andaluces que logo de non conseguir o ascenso na última promoción, reforzouse con 12 xogadores novos, entre eles Ager Aketxe: "O Lugo no seu campo sobre todo sempre é un rival perigoso e penso que o partido do outro día contra un rival de nome como o Leganés daríalles moral e confianza", sinala o ex-xogador do Deportivo

Juanfran decidiu volver cambiar a posición dos bancos local e visitante, algo que non se facía dende os tempos de Quique Setién: "Tampouco dende a era Setién se falou do Lugo como se falou estas semanas. Son cousas ás que lle vas dando voltas, o tema de superstición pode ir un pouco encamiñado por aí, ter controlado todo o que se refira aos árbitros, de que o linier estea ao teu carón e non que esa información a teña sempre o equipo contrario", explica o técnico

Pois ao seu carón no banco non estarán os mancados Pita, Iriome, Pedro e Hugo Rama.
 

Noticias web

25/09/2020