CRTVG

Buscar

O Lugo preséntase no Anxo Carro coas cámaras da TVG en directo

Publicado o 09/08/2019 16:46

O equipo que vai ver a afección na presentación oficial pode parecerse pouco ao que empece a liga contra o Estremadura en nove días. Eloy Jiménez insiste na urxencia dos reforzos, sobre todo para a defensa.

"Estamos collidos con pinzas. Necesitamos os reforzos xa", di o adestrador.

A parte positiva é que o Lugo transmite boas sensacións. Veremos se as manteñen contra a Ponferradina.

"Si, teño moi boas sensacións".

Persisten as lesións. Campabadal estará dispoñible a próxima semana. Iriome e Campillo, de momento, non.

Noticias web

09/08/2019