CRTVG

Buscar

O Lugo pecha o mercado invernal con catro incorporacións

Publicado o 01/02/2020 13:58

Con Kravets comezou todo. O ucraíno foi a primeira fichaxe invernal dun Lugo que pechou o mercado con tres novas incorporacións, dous medios e un dianteiro.
O centrocampista madrileño JAIME SEOANE chega como sustituto natural de Borja Dominguez cedido polo Huesca onde só disputou 36 minutos esta temporada. Formado na canteira madridista, marcou oito goles en segunda B, cinco deles a equipos galegos.
O internacional mauritano EL HACEN ven a préstamo polo Valladolid co que xa debutou en Primeira e co que nesta temporada disputou dous partidos de Copa. Trátase dun xogador que achega músculo e poderío físico ao centro do campo.
O extremo guineano LASS BANGOURA, con 119 partidos en Primeira, busca no Lugo os minutos que lle faltaban no Raio de Paco Jémez con quen xa tivo algún enfrontamento hai varias temporadas. Nos últimos meses estivo cedido no Vancouver da Major League Soccer.

Noticias web

01/02/2020