CRTVG

Buscar

O Lugo mide a súa xeira ante o Granada

Publicado o 19/04/2019 18:37

O Lugo quere sumar a segunda vitoria consecutiva. A Osasuna, o líder, a piques estivo de derrotalo no Anxo Carro. Ante o terceiro clasificado, os de Monteagudo queren repetir a mesma receita. Presión e ser protagonistas co balón. E ollo a este Granada, que baixa o seu rendemento coma vistante. Ven de perder en Soria e tamén en Xixón. 

Alberto Monteagudo, adestrador do C. D. Lugo "É un bo equipo pero como Osasuna. O Osasuna tamén é un gran equipo e soubemos como facerlle dano. Ese é o obxectivo. Témoslle o máximo respecto porque os puntos son os que son pero nós xogámonos moito, e na casa. É o momento idóneo para conseguir dúas vitorias respectando sempre o rival que é moi bo. É un equipo que si que te somente co control do xogo, pero nós cremos que sabemos como facerlles dano, e a liña é a que estamos seguindo. Un equipo chisposo, dinámico, rápido, agresivo sen balón e intentar facelos correr para atrás, se os facemos correr para atrás teremos opcións."
 

Noticias web

19/04/2019