CRTVG

Buscar

O Lugo incorpora o defensa Frederico Venancio

Publicado o 04/10/2020 14:26


Na segunda, o Lugo pecha a xornada en Cartaxena, pero o traballo nos despachos non se detén. O club acaba de anunciar a incorporación de Frederico Venancio, central cedido polo Vitoria de Guimarães, que non estará lóxicamente en Cartagonova. Os lugueses so suman tres puntos despois das tres primeiras xornadas. Iso si, foron partidos difíciles diante de rivais chamados a estaren na zona alta. Así que buscarán a vitoria para poder seguir traballando con tranquilidade. Enfronte está un equipo que so sumou un empate, na estrea diante do Oviedo. Pero o seu técnico está satisfeito co seu rendemento. Dous equipos con boas sensacións, pero necesitados de puntos.

Noticias web

04/10/2020