O Lugo ficha o Puma para a súa dianteira
Publicado o 04/09/2020 21:31
O Lugo fichou o dianteiro panameño Jose Luis Rodríguez. O punta, de vinte e dous anos, chega cedido polo Alavés por unha temporada. Internacional coa súa selección, Rodríguez, que debutou na primeira división contra o Real Madrid, pode xogar tanto como dianteiro centro como atacante por banda esquerda. Destaca pola súa velocidade e desborde. É a primeira das incorporacións que pedira Juanfran.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 22:42
28/02/2021 21:18