CRTVG

Buscar

O Lugo eloxia ao Tenerife

Publicado o 28/09/2019 17:49
Destacan o seu xogo de posesión e a calidade dos homes de arriba

O cambio de sistema proposto por Eloy na Romareda serviu para anular a un Zaragoza que se estaba a amosar intratable no seu campo. Esta decisión foi aplaudida polos xogadores, que confesan sentirse igual de cómodos combinando que facendo un fútbol máis directo.

Cristian Herrera. C.D. Lugo. "O equipo cada vez está mellor con máis confianza e sobre todo cos conceptos e as ideas máis claras.

Álex López. C.D. Lugo: "Eu creo que temos futbolistas para xogar os dous tipos de modelo tanto en longo como en curto, en fútbol non se pode xogar sempre un mesmo modelo senón os equipos coñécente, por eso tentamos ir trocando e combinando o sistema".

Neste ambiente de satisfacción chega o Tenerife, igualado a puntos co Lugo, e invicto nas súas dúas últimas saídas.

Álex López. C.D. Lugo. "O Tenerife ten grandes xogadores tanto no medio do campo como arriba, tentaremos presionar bastante arriba e a ver se podemos sacar os tres puntos na casa".

Cristian Herrera. C.D. Lugo. "Teñen un gran equipo, eu creo que xogan moito coa pelota, creo que esa é a súa principal virtude, teñen moita posesión e paréceme un gran equipo".


Unha vitoria ante os tinerfeños permitiríalle aos lucenses ver o futuro con máis claridade que o adestramento desta mañá onde a néboa foi a gran protagonista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2019