CRTVG

Buscar

O Lugo consegue o regreso de El Hacen

Publicado o 03/10/2020 14:17

Tamén chega Chris Ramos, dianteiro cedido polo Valladolid

O soño dos afeccionados lucenses, para algúns convertido en pesadelo, viuse finalmente cumprido.

El Hacen, o xogador mauritano, chave na salvación do equipo na segunda volta, anunciaba neste vídeo o seu regreso.

El Hacen. C.D. Lugo. "Xa estou de volta. Forza Lugo."

El Hacen, autor de cinco goles decisivos na parte final do campionato que supuxeron nove puntos para o Lugo, atópase convocado coa selección do seu país para un amigalble contra Serrra Leona o vindeiro venres e non estará presente en Cartaxena.

Tampouco viaxará outra das últimas incorporacións, o dianteiro Chris Ramos, tamén cedido polo Valladolid. A Juanfran xa lle quedan poucas pezas para rematar de compoñer o quebracabezas.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo. "Tentar traer un xogador de banda esquerda e dous centrais."

Cartagonova, fundado en 1988, acollerá a primeira visita oficial do Lugo a este estadio.

Noticias web

03/10/2020