O Lugo buscará a primeira vitoria da temporada en Elxe
O accidentado partido contra o Alcorcón non vai alterar para nada a idea de xogo de Eloy Jiménez.
Eloy Jiménez, adestrador do C. D. Lugo: "Que o Lugo que eu quero sexa un Lugo valente, que poida someter o rival como vimos nestes partidos de Liga. É moi cedo para cambiar, cremos no que facemos. Con moito respecto ao rival, pero nós temos as nosas armas".
O técnico cre que a ansiada vitoria chegará cando os dianteiros melloren a puntería.
Eloy Jiménez, adestrador do C. D. Lugo: "Cando asumes un risco como nós asumimos co control do balón, sabemos que pode pasar iso. Pero iso temos que minimizalo porque vai dar os seus froitos. Estatisticamente somos o mellor equipo da Liga en ocasións e chegadas á área contraria, así que axustar a nivel defensivo e seguir confiando no xogo ofensivo".
Só esa falta de acerto separou o Lugo da vitoria no mellor partido da temporada en Oviedo. O domingo vaina buscar a Elxe.