CRTVG

Buscar

O Lugo aumenta a intensidade para chegar ao partido diante do Rácing nas mellores condicións

Publicado o 06/06/2020 17:13

O cadro lucense aumenta a intensidade a unha semana de xogar no Sardinero diante do Rácing de Santander un partido que será decisivo na pelexa por evitar o descenso. Para o Rácing será unha das últimas balas se quere acadar a permanencia e o Lugo sabe que, de gañar no Sardinero, deixaría moi tocado a un rival directo na loita pola permanencia e mantería as opcións intactas de acadar a salvación. 

Curro Torres adestra con todo o plantel agás Leuko, con permiso do club para viaxar a Camerún, e que non voltará a Lugo ata o vindeiro martes. 

Noticias web

06/06/2020