CRTVG

Buscar

O Liverpool remonta en Anfield e elimina o Barcelona (4-0)

Publicado o 07/05/2019 23:46
O Liverpool remonta en Anfield e elimina o Barcelona (4-0)

O Liverpool gañoulle 4-0 ao Barcelona, remontou o 3-0 da ida das semifinais da liga de Campións e clasificouse para a súa novena final da máxima competición continental. Os homes de Jürgen Klopp superaron con claridade o conxunto azulgrana, que, superados durante os 90 minutos, perderon a opción de gañar o seu sexto título o próximo 1 de xuño no estadio Wanda Metropolitano do Atlético de Madrid.

O gol na primeira parte de de o belga Divock Origi, o dobrete do holandés Georginio Wijnaldum na segunda e o tanto final, no minuto 79, outra vez de Origi, clasificaron ao Liverpool. O primeiro en acertar foi Origi, que marcou no minuto sete tras recoller un rexeite do porteiro Marc- André ter Stegen a un disparo do suízo Xherdan Shaqiri. No segundo acto, Wijnaldum apareceu aos nove minutos da continuación para aproveitar unha asistencia de Tren Alexander-Arnold. Despois, repetiu no minuto 56 cun gran cabezazo tras un pase de Shaqiri.

Origi, que iniciou a remontada, pechouna despois dun descoido garrafal da defensa do Barcelona, que se despistou nun saque de esquina realizado por Alexander-Arnold que marcou o belga a pracer.

Noticias web

07/05/2019