CRTVG

Buscar

O límite salarial pode complicar a chegada de máis reforzos ao Celta

Publicado o 22/09/2020 20:46

O Celta ten menos de dúas semanas para completar o seu cadro de xogadores de acordo coas peticións do adestrador. A estas alturas hai dúbidas de que vaia conseguilo.

Estímase que o Celta estaría xa preto do seu límite salarial, o tope de gasto en soldos que a Liga lle impón a cada club. Estes días escoitamos algunhas claves:

Óscar García, adestrador do Celta: "Dependerá das saídas, de como vexamos o equipo, das posibilidades do club".

O Celta so podería asumir soldos altos se se desprende de xogadores con soldos altos. Óscar García pediu un porteiro, un centrocampista e un dianteiro, e confía no traballo dos despachos.

Óscar García: "Seguiremos buscando. A dirección deportiva está facendo un bo traballo. Xa saben que posicións se poderían reforzar".

As solucións poden estar na casa. E se os resultados van avalando estes xogadores, hai menos présa para espremer un mercado moi parado, marcado pola covid-19, e tan estraño que abriu no verán e pecha no outono.

Noticias web

22/09/2020