CRTVG

Buscar

O Liceo debuta na euroliga ante o Forte dei Marmi

Publicado o 19/10/2019 17:41

Logo de vinte horas de viaxe por mor da folga en Cataluña, a expedición do Deportivo Liceo chegou de madrugada a Forte dei Marmi, onde esta noite comezará a súa andaina na Euroliga. Será o primeiro encontro dentro dun grupo complicado, no que se atopan tamén o Oliveirense e o Saint Omer. Un bó resultado na pista italiana sería fundamental, tal e como dí o adestrador Juan Copa. "Seguramente sería moi importante empezar con bo pé porque son dous prazas entre catro equipos e o ano pasado non estivemos nos cuartos final e temos que conseguilo como sexa. Imos empezar con este primeiro partido. Estamos ben, con confianza e imos ver se somos quen de traer algo positivo de alí" Juan Copa fala de confianza. Non é para menos logo de conseguir catro triunfos nos catro primeiros partidos de liga nunha temporada que se presumía moi complicada pola renovación total do equipo. O porteiro Carles Grau pensa que comezar con catro vitorias reforza ao grupo e lles fan creer no traballo que están realizando. Así que van a Forte dei Marmi con garantías e coa confianza de que están a facer ben o traballo. Un traballo que está a dar os seus froitos. Iso sí, a máxima competición continental será unha dura proba para os liceístas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019